Maika Aguado

Ola, quéroche dar a benvida á miña páxina profesional.

Nas seccións que inclúe poderás atopar unha escolma dos meus traballos en diferentes sectores da comunicación.

Como poderás observar, neles reflíctense as miñas habilidades e intereses:

Interpretación, redacción e presentación en radio e tv, locución comercial, dobraxe audiovisual, docencia...

Sería estupendo poder encaixar nese perfíl profesional que estás a buscar. 

Breve currículo

Graduada na especialidade de interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina artística na compañía de teatro Vacaloura de Vigo.

A súa experiencia nos medios de comunicación ven abalada por máis de dúas décadas en emisoras e canles como, Radio Noroeste, Radio Galega, Televisión de Galicia, Televisión do Val Miñor e Tele Vigo. Participou como actriz en series de ficción audiovisual como, Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Expréss, O Faro e Urxencia 0.

Paralelamente desenvolve o seu labor como actriz de dobraxe en galego e castelán dende o ano 89 para grupos de comunicación e canles como a TVG, A3 Media, Mediaset, TVE e Discovery Channel. Nesta faceta profesional prestou a súa voz a actrices como, Mariel Hegminway, Márilin Monroe, Ornella Muti, Romy Schneider, Jodie Foster, Carmen Electra, Jennie Garth, Andie Macdowell, Tori Spelling, Kathy Bates ou Jennifer Connelly entre outras.

No ámbito da docencia foi profesora de dous cursos do plan FIP da Xunta de Galicia baixo o epígrafe Locutor de Radio e Televisión nas instalacións da Radio Televisión de Tui e na Radio Estrada. Profesora de teatro, durante dous cursos escolares de Educación Primaria, no colexio vigués Niño Jesús de Praga. Tamén impartíu un Obradoiro de Teatro para Mulleres da Terceira Idade por iniciativa da Concellería da Muller de Santiago de Compostela.

Na actualidade ven de impartir os cursos de posgrao: Iniciación á Dobraxe Audiovisual e Perfeccionamento da Dobraxe Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e o Obradoiro de Locución Audiovisual na Facultade de CC Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

Recibíu unha homenaxe da Asociación de Protectoras de Animais da provincia de Pontevedra polo labor desenvolvido no programa de Tele Vigo, A Arca de Noé.

Formou parte do equipo gañador do Concurso de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro de Lalín.

A súa voz serve de guía virtual, acompañando ao visitante na Pinacoteca de Vigo.

É membro da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia e do Colexio de Xornalistas de Galicia.

maikaaguado@yahoo.es
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar